Federación Galega de Balonmán
08/06/2017 at 11:43
Head

PTV chegou aos cuartos de final do Campionato de España de Balonmán Praia

PTV HandStrand logrou chegar aos cuartos de final do Campionato de España de Balonmán Praia que se disputou esta fin de semana en Laredo. O PTV, actual campión galego, realizou un gran campionato e so caeu nos cuartos fornte ao Azuqueca. Ademais, hai que destacar ao CSG xuvenil, que tamén chegou aos cuartos de final e o quinto posto do Servisub Area Bueu na categoría infantil masculina.

Magnífico papel o desenvuelto polo PTV e  iso que as cousas non comezaron ben para os galegos, que perderon o primeiro partido contra oTriana CBMP Barbate (2-0). Pero o triunfo no segundo choque foi suficiente para garantir o pase aos oitavos de final onde tivo como rival ao Salazones Herpac Balonmano Playa Barbate, un dos favoritos para loitar polo triunfo. O conxunto pontevedrés deu a sorpresa ao vencer nos shoot-outs (1-2). Nos oitavos de final o PTV superou de forma clara ao  Donosti of the Kings (2-0) e plantouse nos cuartos, onde tiña como rival ao Azuqueca. E aquí rematou o magnífico torneo dos galegos (24-19 e 27-26).

Na categoría xuvenil masculina, o PTV logrou o pase á segunda fase co primeiro posto do seu grupo ao vencer nos dous partidos disputados (Mar Menor Los Alcazares e o Getasur), pero nos oitavos de final enfrontouse a outro conxunto galego, o CSG (que se clasificara como segundo do grupo B), así que deste enfrontamento só podía pasar un equipo e ese foi o CSG, que venceu en dous sets (6-10 e 8-11). Nos cuartos de final, o CSG veuse as caras co Barbate e caeu derrotado 2-0 (20-25, 18-25).

Nesta mesma categoría, o BMP Pescados non puido acadar a clasificación na fase de grupos, ao perder os dous partidos contra Carboneras e Parla.


PAINKILLERS viaxou a Laredo con cinco equipos (dous masculinos e tres femininos) para competir no Campionato de España de Balonmán Praia.

Sénior masculino: O equipo, que chegaba a Laredo con importantes baixas (a máis destacada ao actual campión de Europa de balonmán praia Víctor Rodríguez), disputou unha dura fase de grupos con bos rivais. No primeiro partido enfrontouse ao Melilla e caeu nos penaltis (2-1). No segundo choque, ante Cidade Real, o equipo galego venceu con claridade (2-0) e no terceiro, perderon contra Almería (reforzado por tres brasileiros campións do mundo) nun partido espectacular, moi apertado que se decidiu no desempate, despois de gañar o segundo set de forma clara. Desta forma, acadaron o pase aos dezaseisavos de final, como segundo mellor terceiro de grupo, e tiña como rival ao Parla. Foi un choque axustado que caeu a favor dos madrileños nos penaltis.

En cadete masculino o equipo vigués, con pouca experiencia, non superou a fase de grupos.

Feminino. Na categoría sénior feminina, o AC Kaló Painkillers non tivo sorte, ao quedar eliminado na fase de grupos a pesar de vencer en dous partidos. A clave estivo na contundente derrota sufrida no primeiro choque contra o Cidade de Málaga (2-0). Despois as galegas venceron no segundo partido ao Pizzachef Brindemos x Sifo (1-2) e no terceiro ao Cidade Real (2-0). Pero todo se decidiu pola diferenza de goles e iso prexudicou ao Painkillers, que non puido avanzar á seguinte fase,

En júnior feminino, o AC Kaló perdeu o primeiro encontro contra o Almería, venceu no segundo ao Sanse e caeu no terceiro conra o Roquetas de Mar (2-1).

En cadete feminino o conxunto galego chegou ata os oitavos de final, no que perderon contra o Fuengirola (2-0). Na fase de grupos, gañaron o primeiro partido (2-0), perderon o segundo (2-0) e venceron no terceiro (que era de pase) por 2-1. 


Servisub Area Bueu. Na fase de grupos o conxunto de Bueu perdeu o primeiro choque, pero gañou os dous seguintes. Aínda así non puido clasificarse para as semifinais, pero sí rematou nunha magnífica quinta posición na categoría infantil masculina.

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
October 2017
SunMonTueWedThuFriSat
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.