Federación Galega de Balonmán
07/30/2017 at 18:38
Head

España, cos galegos Xoan Ledo e Rubén Río, campións do mundo júnior

Os galegos Xoan Ledo e Rubén Río proclamáronse este domingo campións do mundo de balonmán júnior coa selección española, nun partido épico, no que o porteiro galego foi decisivo para acadar o cetro mundial.

Os hispanos júnior, dirixidos por Isidoro Martínez, lograron en Arxelia o título de campións do mundo ao superar na final a Dinamarca, tras un empate agónico no tempo regulamentario (34:34) - tras deter Xoan Ledo un lanzamento de 7 metros co tempo cumprido - e unha prórroga que se decidiu coa parada de Xoan Ledo e o posterior gol de Dujshebaev a portería vacía (38:39). Xoan Ledo foi elixido pola IHF, mellor porteiro do campionato. 

Hai que recordar que este mesmo equipo logrou o título de campión de Europa Júnior o pasado ano, polo que nos atopamos ante unha xeración espectacular.


Noraboa a todos e de forma moi especial aos nosos deportistas!

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
October 2017
SunMonTueWedThuFriSat
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.