A selección galega infantil feminina, subcampioa no Torneo Nacional de Cangas de Narcea
A selección galega infantil feminina logrou a medalla de prata no Torneo Nacional Infantil de Cangas de Narcea, que se celebrou esta semana nesta localidade asturiana. Na final, as nosas caíron ante o equipo afitrión nun partido moi intenso.
De inicio os dous equipos empezaron moi centrados ata os 25 primeiros minutos onde as galegas comezaron a ter erros tanto en ataque como en defensa. As asturianas, moi firmes, lograron distanciarse no marcador, chegando ao descanso cunha diferenza de 5 goles.
Na segunda parte as asturianas non baixaron a intensidade pero as nosas galegas, con insistencia e loita, puideron recortar distancia no marcador. Galicia tivo opcións de achegarse pero apareceu a porteira asturiana para evitalo. Ao final impúxose o equipo local logrando unha vitoria por 9 goles (24-15) que non reflicte a dura batalla librada sobre a pista. Gran torneo das nosas que non baixaron os brazos e lograron un subcampeonato moi valioso.