Federación Galega de Balonmán
07/08/2017 at 12:40
Head

A selección galega infantil feminina disputará mañá a final do Torneo de Cangas de Narcea

A selección galega infantil feminina logrou clasificarse para a final do Torneo Nacional Infantil de Cangas de Narcea, despois de vencer hoxe na semifinal a Castela a Mancha nun emocionante e disputado partido. A final será mañá contra o equipo anfitrión, Asturias.


Categoría feminina

Castela a Mancha, 22 - Galicia A, 23

Empezaron as manchegas cunha defensa aberta que complicou o ataque das galegas, que perderon varios balóns. Desta forma, Castela a Mancha logrou poñerse por diante no marcador con tres goles de distancia. Pero o equipo dirixido por Carla Abad non se rendeu e con máis intensidade e movendo o balón con rapidez en ataque, lograron empatar o partido ao descanso (14-14).

Na segunda parte ningún dos equipos baixou esa intensidade inicial, polo que puidemos gozar dun partido de infarto. As galegas, cunha grande intensidade defensiva, lograron poñerse dous tantos arriba, pero aos sete minutos da segunda metade as mini-galaicas quedaron con dúas menos na cancha (por unha exclusión e unha vermella) o que complicou a situación para as nosas deportistas. Aínda así, grazas as boas paradas da nosa porteira e a concentración das xogadoras, ao final Galicia venceu por un gol (22-23) e logrou clasificarse para a final de mañá contra Asturias.

 

Aula Cultural, 22  - Galicia B, 11

Ao principio da primeira parte os dous equipos empezaron con moita intensidade, o cal podía verse reflectido no marcador, que estivo moi igualado durante os primeiros quince minutos. Pero as galegas, a medida que ía avanzando o choque, foron perdendo esa concentración, eo o Aula Cultural logrou distanciarse no marcador.

Na segunda parte as galegas non conseguiron achegarse acabando cun resultado de 11 goles abaixo (22-11).


Categoría masculina


Galicia B, 19  - Galicia A, 20

Partido que serviu aos galegos para realizar cambios e probar cousas novas. A pesar de enfrontarse as dúas seleccións galegas, o partido tivo boa intensidade e moita emoción, xa que se decidiu cun gol de Gael no último segundo.

 

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
December 2017
SunMonTueWedThuFriSat
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.