Federación Galega de Balonmán
07/07/2017 at 13:02
Head

Resolución das subvencións a entidades deportivas da Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral para o Deporte publicou hoxe na súa páxina web a Resolución enviada ao Diario Oficial de Galicia para a súa publicación coa listaxe definitiva das subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2016.

Dado que o prazo para solicitar o cobro e xustificar a subvención concedida será dun mes dende o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, enviarase de novo aviso vía e-mail o día da súa publicación (dado que é a partir desta data cando se pode solicitar o cobro e presentar a documentación xustificativa).

Recoméndase aos beneficiarios que antes de entregar a documentación revisen a Guía disponible, elaborada para facilitarlles o proceso de solicitude e cobro da subvención.

Recórdese que para poder cobrar a subvención, as entidades beneficiarias deben ter adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, tendo de prazo ata o momento da xustificación da subvención.

Ver información en: Deporte Galego


0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
December 2017
SunMonTueWedThuFriSat
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Follow us

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.