Federación Galega de Balonmán
05/15/2017 at 11:32
Head

Aprazado o Balonmán na Rúa para o día 3 de xuño

Cambio de datas para a festa do Balonmán na Rúa. Ante a posibilidade de que chova o 17 de maio, a Federación Galega de Balonmán decidiu aprazar a celebración deste día para o vindeiro 3 de xuño

O obxectivo é evitar que a choiva desluza esta xornada de convivencia e deporte para os nenos e nenas participantes, que gozarán dun día de balonmán e xogos.

O Balonmán na Rúa é o broche de ouro ás Escolas Deportivas de Balonmán, organizadas pola Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Balonmán. Todas as nenas e nenos que participan nas escolas, aproximadamente dos mil, participarán neste evento, que se celebrará en Vigo (na zona do Areal), tal e como sucedeu nos pasados anos.

 

0 Like · 0 Comments

Like

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.