Federación Galega de Balonmán
24/04/2018 a les 15:20
Capçalera

Comeza o traballo en Vigo e Pontevedra para o Mundial Júnior de 2019

Unha delegación da Federación Internacional de Balonmán (IHF) está de visita en Vigo e Pontevedra para inspeccionar as instalacións deportivas e hosteleiras, cara ao Mundial Júnior do ano 2019.

Este é o primeiro encontro de traballo cos responsables da IHF Per Bertelsen e Marco Tosi, que farán un informe sobre as necesidades das instalacións cara á disputa do Mundial. Onte estiveron en Pontevedra, onde visitaron  o Pavillón Municipal e os principais hoteis, e celebrouse un xantar oficial coa presenza do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.Neste encontro estiveron o presidente da Federación Española, Francisco V. Blázquez, e o presidente da Galega, Xosé Lois Pérez Ouro.

Hoxe a inspección realizouse en Vigo, con visita ás Travesas e a varios hoteis da cidade, e unha recepción no Concello, na que participaron o tenente de alcalde David Regades e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, en representación da corporación viguesa.

O Mundial de Balonmán Junior Masculino 2019 terá como sede as cidades de Pontevedra e Vigo en xullo de 2019.

0 M'agrada · 0 Comentaris

M'agrada
Calendari
Desembre 2018
DillDimDmcDijDivDisDiu
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      
Segueix-nos

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.