Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 15:58

MAÑÁ DISPUTARANSE AS FINAIS DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

Xa se coñecen os finalistas do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os favoritos cumpriron neste primeiro torneo. Mañá na final feminina (13:15 horas) enfrontaranse AC Kalo Painkillers e Veba WaterFuckers, mentres que na masculina (14:00) xogarán Zas e PTV Handstrand. Na categoría feminina sénior, AC Kalo Painkillers superou na semifinal ao Merengue Cremosso, mentres… Veure més

Veure
0 M'agrada · 0 Comentaris

M'agrada Comentar
Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 06:58

Álvaro Preciado, convocado para a fase de preparación do Mundial Xuvenil

Álvaro Preciado (Cisne Balonmán) forma parte de lista de 16 xogadores convocados por Alberto Suárez, preparador dos Hispanos Xuvenís, para iniciar a preparación do Mundial Xuvenil de Macedonia do Norte 2019, que se disputará do 6 ao 18 de agosto. Dita preparación realizarase en España e quedará distribuída en tres fases de aproximadamente 10 días de duración cada unha, nos que se inclúe a celebración de 4 partidos internacionais contra Eslovaquia e Hungría. O seleccionador nacional citou aos mozos o 28 de xuño en Málaga para partir… Veure més

Veure
0 M'agrada · 0 Comentaris

M'agrada Comentar
Federación Galega de Balonmán
13/06/2019 10:35

ESTA FIN DE SEMANA COMEZA O CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA CO TORNEO DE BAIONA

Esta fin de semana (do 14 ao 16 de xuño) celebrarase o Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Serán tres días de competición nos catro campos dispostos na praia de Ladeira e con 70 equipos inscritos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia.… Veure més

Veure
0 M'agrada · 0 Comentaris

M'agrada Comentar
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 11:42

ROBERTO CASTRO PARTICIPARÁ NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA RFEBM

Roberto Castro, do Balonmán Porriño, foi convocado pola área técnica da Real Federación Española de Balonmán, para participar nas xornadas de tecnificación de xogadores nados no ano 2005. Os xogadores deberán presentarse na Estación de Atocha o día 13 de xullo (ás 13:00 horas) e dende aí partirán en autobús cara a Burgos, onde se celebrará a concentración ata o día 18 de xullo na Residencia Universitaria Camino de Santiago. Moita sorte Roberto!

Veure
0 M'agrada · 0 Comentaris

M'agrada Comentar
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 08:37

PABLO GONZÁLEZ, JOSE CHAO E DAVID ÁLVAREZ, COS HISPANOS XUVENÍS AREA

Os galegos Pablo González, Jose Manuel Chao e David Álvarez, pertencentes ao Club Balonmán Praia Veba, foron convocados polo seleccionador nacional Pedro Bago para continuar coa actividade de preparación do Campionato de Europa Xuvenil, que se disputará en Polonia do 27 ao 30 de Xuño. Os xogadores estarán concentrados do 14 ao 17 de xuño nas instalacións deportivas da Universidade de Alcalá de Henares donde traballarán en sesións de mañá e tarde.  Moita sorte rapaces! 

Veure
Calendari
Juny 2019
DillDimDmcDijDivDisDiu
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Segueix-nos

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.